domingo, 8 de maio de 2011
O ANO DE LOIS PEREIRO
Non paran de chegar das Bibliotecas e dos Equipos de Normalización dos centros de ensino de Galicia os traballos que se realizan arredor da figura de Lois Pereiro. Pensadas para todas as idades, temos un abano de posibilidades.
Blogue Trafegando Ronseis, Blogue de Anxo e de Gracia, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
Blogue Trafegando Ronseis, Blogue de Anxo e de Gracia, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
terça-feira, 3 de maio de 2011
domingo, 1 de maio de 2011
MONOGRÁFICO SOBRE LOIS PEREIRO

EXPOSICIÓN " LOIS PEREIRO" . VERBUM.

Lírica Punk, non é unha exposición ao uso, Lois Pereiro, tampouco foi un poeta ao uso. A súa obra compón un universo creativo singular, unha cartografía da emoción humana na que o poeta teceu as súas vivencias persoais cos fíos da cultura universal. Un territorio inquietante, que invita a ser explorado. Para facelo, construímos un camiño de entrada, a través dunha metáfora tan presente na vida do poeta como a do tren. En cada parada, atoparedes referentes, linguaxes, temas, símbolos e imaxes que vos achegarán á vida e á obra de Lois Pereiro... Convidámosvos a comezar con nós esta viaxe.
A súa imaxe é un resumo perfecto dos complicados anos 80, o punk, o pop, a apertura ás influencias europeas, a renovación da poesía galega, a colza, a droga, todo un rosario de elementos que caracterizaron unha xeración completa de Galicia.
Dende o Departamento Educativo de Verbum - Casa das Palabras animámosvos a participar nas visitas comentadas organizadas ao redor da exposición.
Datas: do 18 de maio ao 26 de xuño de 2011
Destinatarios: Educación secundaria e bacharelato
Temporización: 45 min
Información e reserva: Tf. 986 240 130 ou en verbum@vigo.org
Entrada de balde
Subscrever:
Mensagens (Atom)